16 de dec. de 2011

MACEDONIA

 


     Remétome ás palabras de Rovira i Virgili no seu libro Historia dels Moviments Nacionalistas que, ao referirse a esta nazón, di: «... Macedonia é o país máis complicado do mundo. A confusión e a complicación proceden das causas seguintes: ... 3. Desnacionalización lingüística de bon número de habitantes, por adopción doutra lingua. En Macedonia hai gregos e servios de raza que teñen por idioma o búlgaro e ao revés. 4. Formación de dialectos intermedios entre as diferentes linguas, sobretodo entre o búlgaro e o servio, que impeden dicer con exactitude se determinados elementos son de lingua servia ou de língua búlgara. Nestes casos xa non é somente imposíbel dicer a qué raza pertenecen estes fatos, senón tamén a qué lingua».

Santiago de Compostela: Follas Novas edicións,
páxina 149.

-o-

     Hai demasiados políticos dun lado e do outro que xogan coa lingua para o seu proveito. Sempre pensaba en mandalos á merda a todos. Agora non. Agora gustaríame mandalos a Macedonia. Alí sóbranlle os xoguetes.