17 de xan. de 2011

CAMBIO DE RASANTE: RELAXACIÓN CON CORREDOIRAS


     Hai días que un non vive. Crúzanseche, bates contra eles, insistes, tentas superalos, non se deixan, a ver se o dou saltado, é moi alto, tíraslle con rabia unha pedra, frontón que cha devolve, dóeche a cabeza, pésache o corpo e o día segue aí. Imperturbable. E parece que non se acaba.

     Se o tempo o permite, un paseo por unha corredoira acouga. Mesmo de inverno, se choveu, esquivar as pozas ou as pedras que trouxo a última enchente alivia. Desconectas. O aire frío limpa o resto. Se non, botar un rotulador a andar tamén é unha boa alternativa.



(Detalle do cadro “Estrada con ciprés” de Vincent Van Gogh en versión libre. A presenza do carro en promiscuidade cos labregos confirma que se trata, en realidade, dunha corredoira)

Para ver o orixinal, preme na seguinte ligazón:
"Estrada con ciprés"</a>